QUEN SOMOS


GALICIA CALIDADE
é unha grande marca buscada polos consumidores que recoñecen nela, confianza, prestixio e calidade.


Logo Novo 150 px.jpg
Os nosos programas de auditorías e ensaios garanten que os produtos e servizos amparados superaron os controis esixidos, para o que é preciso que conten coas materias primas de mais alta calidade, óptimas producións e excelentes servizos.

Demostramos así mesmo que as empresas galegas crean produtos e servizos altamente competitivos, co obxectivo da mellora continua, diferenciándose da competencia co valor engadido de contar coa Marca de Garantía outorgada pola entidade Galicia Calidade S.A.
, segundo a Lei Española de Marcas, lei 17/2001 de 7 de decembro, e co apoio da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.
 

Estas empresas ven recoñecido o seu esforzo de superación co apoio de promocións, campañas publicitarias, así como eventos, que os dan a coñecer tanto a nivel nacional como internacional.

Lei da transparencia
Informe de auditoría e contas anuais abreviadas do exercicio 2013
Composición do Consello de Administración de Galicia Calidade


imag_1.jpg

SÉGUENOS EN:
ES | GL | EN
NOVAS

O Paseo do Parrote acolle hoxe e mañá a iniciativa “Galicia Calidade en ruta”, con showcookings e unha cata de viño para fomentar o consumo de produtos con este selo de garantía

19-12-2014
HEMEROTECA