ACCESIBILIDADE

ACCESIBILIDADE

Accesibilidade

Conformidade a estándares e accesibilidade desta web de Galicia Calidade procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexan independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

O contido está en formato de estándar aberto desenvolvido e recomendado polo W3C, o Consorcio da Web.

Os elementos que constitúen o contido (imaxes, texto, estruturas, ligazóns) están escritos de xeito concorde ao nivel de prioridade AA das Directrices de Accesibilidade para Contido Web do W3C.

Recoméndase empregar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Netscape Navigator, Opera, Konqueror, Internet Explorer, Safari, etc.

A Unión Europea, na resolución do Consello de 25 de marzo de 2002, anima aos Estados membros a ter en conta a necesidade de que os contidos dixitais sexan accesibles e, seguindo esta recomendación, a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, dispón que as Administracións públicas adoptarán as medidas necesarias para que a información dispoñible nas súas páxinas de Internet sexa accesible a persoas con discapacidade e de idade avanzada, de acordo cos criterios de accesibilidade ao contido xeralmente recoñecidos, antes do 31 de decembro de 2005.

En coherencia con este obxectivo, o deseño da web de Galicia Calidade realizouse tendo en conta as recomendacións de accesibilidade para o segundo nivel de prioridade das directrices WAI (Web Accessibility Initiative) do W3C.

Se vostede atopa algunha dificultade para acceder ao contido ou para entendelo, por favor comuníquea por correo electrónico ao enderezo info[arroba]galiciacalidade.es.

SÉGUENOS EN:
ES | GL | EN
NOVAS

O popular recinto comercial acollerá o venres 28 e o sábado 29 demostracións culinarias do premio nacional de gastronomía Kike Piñeiro, do barista Óscar del Toro ou do sumiller Óscar Quintana

24-03-2014
HEMEROTECA