1.- Galicia Calidade, é un selo de garantía de calidade certificada, que só se outorga a aqueles produtos ou servizos, que destacan polos atributos de calidade respecto doutros do seu mesmo xénero.
Por tanto, diferénciase doutros selos de carácter rexional, que outorgan o mesmo a calquera produto, coa única condición de estar producidos dentro desa Comunidade Autónoma.
2.- Os produtos e servizos amparados por Galicia Calidade pasan uns controis que os acreditan, que serven para diferencialos como certificados e de calidade, respecto doutros dos seus competidores, mais alá de unicamente a súa orixe común.
3.- O selo, nome e logotipo de Galicia Calidade son amplamente recoñecidos polos consumidores de toda España, e valorados por estes de forma moi positiva.
4.- O constante investimento que, desde Galicia Calidade, se realiza para a promoción do noso selo, serve para que o consumidor coñeza o mesmo e o seu alcance, o que beneficia directa e indirectamente a todos os produtos e servizos adheridos a el.
5.- Todas as accións promocionais están deseñadas co obxectivo de favorecer ás empresas adheridas, que constitúen o verdadeiro beneficiario.
6.- As accións promocionais e acordos no punto de venda supoñen unha gran oportunidade para que pequenas e medianas empresas, e para que as grandes dispoñan dunha promoción extra á que, por razón do seu tamaño, poidan xa estar a realizar nestas canles.
7.- A destacada presenza en feiras agroalimentarias é unha ocasión excelente para que as empresas dean a coñecer os seus produtos e servizos, no segmento profesional nacional e estranxeiro.
8.- Os nosos plans de acción contemplan tamén ao consumidor, para que os produtos e servizos sexan constantes na súa compra; prestando tamén atención aos consumidores do futuro mediante participación en campañas educativas e a través do deporte.
9.- A tramitación do selo de calidade é simple. A través de Internet pódese obter a información e pódese resolver a solicitude de forma máis áxil e en menor tempo.
A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, é unha das entidades patrocinadoras do Plan Galicia Saudable, un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia co obxectivo de combatir o sedentarismo na comunidade.
