POLÍTICA DE CALIDADE
 


GALICIA CALIDADE
é consciente de que a calidade é un factor clave para a prestación dun servizo eficiente e de crucial necesidade para a supervivencia de calquera organización.

Dende a Administración Pública sabemos que a mellora continua e o único camiño cara a consecución dun servizo áxil, eficaz, eficiente e de calidade para os administrados, e polo tanto aí o noso compromiso.

Como sociedade pública obrigámonos a cumprir os requisitos legais, regulamentarios e outros requisitos que poidamos subscribir, establecendo os seguintes obxectivos:

  • Como organización ao servizo da sociedade debemos facilitar o acceso de produtos galegos á marca de garantía, pero sen descoidar a actividade de control e seguimento que implique, que a confianza e garantía que ofrecemos, se reflicta neses produtos e servizos.
  • Potenciar a labor de promoción dos produtos, fundamentalmente de sectores produtivos básicos de Galicia, para divulgar o significado e valor que ten un produto ou servizo amparado pola Marca, contribuíndo así á excelencia na procura da mellora continua que garanta a súa vantaxe competitiva, e estabelecer un plan de comunicación da marca, así como do significado desta nos mercados de competencia dos produtos e servizos amparados (tanto en Galicia coma no mercado español e internacional).

 

A nosa Misión é distinguir, pola súa calidade diferenciada e pola súa orixe Galega, aos produtos Galegos e promocionalos para asegurar unha adecuada presenza no mercado galego e facilitar a súa penetración en mercados foráneos.

Entre os VALORES da sociedade atópanse:

  • Vocación de servizo público de calidade á sociedade galega
  •  Responsabilidade, transparencia e obxectividade.
  • Aposta pola innovación e a internacionalización con visión sustentable da produtividade

SÉGUENOS EN:
ESPAÑOL | GALEGO
NOVAS

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, é unha das entidades patrocinadoras do Plan Galicia Saudable, un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia co obxectivo de combatir o sedentarismo na comunidade.

16-05-2012
HEMEROTECA