NOTICIAS

24/10/2007

Reunión de Galicia Calidade coas adegas da D.O. Monterrei.

O xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao, manterá mañá xoves, 25 de outubro, unha reunión cos responsábeis e adegas do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei. O obxectivo da xuntanza é por en común posturas sobre á adhesión como licenciatarias da marca de garantía Galicia Calidade ás adegas deste Consello Regulador. Galicia Calidade expoñerá as adegas participantes os requisitos e procedemento para a concesión da marca de garantía, así como as accións previstas para o futuro.

Esta reunión é a continuación da xuntanza mantida en pasadas datas polo xerente de Galicia Calidade e os presidentes dos 16 consellos reguladores mais a Consellería de Medio Rural, onde se lle expuxeron as liñas do plano estratéxico da sociedade anónima.

Volver

SÉGUENOS EN:
ESPAÑOL | GALEGO
NOVAS ARQUIVO
HEMEROTECA