NOTICIAS

23/10/2007

REUNIÓN DE GALICIA CALIDADE COAS ADEGAS DA D.O. MONTERREI

O Xoves 25 de outubro terá lugar unha xuntanza, na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, entre os responsables do Consello, das adegas, e de Galicia Calidade. O obxectivo da xuntanza é por en común posturas sobre á adhesión como licenciatarias da marca de garantía Galicia Calidade ás adegas deste Consello Regulador. Galicia Calidade expoñerá as adegas participantes os requisitos e procedemento para a concesión da marca de garantía, así como as accións previstas para o futuro.

Volver

SÉGUENOS EN:
ESPAÑOL | GALEGO
NOVAS ARQUIVO
HEMEROTECA