14/03/2007
A xornada informativa baixo o titulo "A certificación de protocolos e normas de calidade alimentaria", dirixida a empresarios e técnicos do sector, está organizada pola entidade ECA CERT o día 14 de marzo, en Santiago de Compostela.
O obxectivo da xornada é dar a coñecer o marco normativo que regula as distintas certificacións de calidade máis demandadas dentro do sector. Nela exporanse as particularidades e os obxectivos de cada unha delas co obxecto de ofrecer unha ferramenta de decisión entre o amplo abano de posibilidades que presenta a certificación agroalimentaria. Ignacio Louzao exporá as vantaxes que implican para os produtos agroalimentarios galegos dispor dunha marca de garantía co recoñecemento de Galicia Calidade.
Ó longo dos últimos anos diferentes organismos internacionais, estatais, Galegos e sectoriais traballaron para desenvolver programas de certificación voluntarios baseados en códigos de Boas Practicas, e criterios de Seguridade Alimentar baseados no Codex Alimentarius.
Practicamente tódolos sectores de produción alimentaria teñen desenvolvidas as súas guías de boas prácticas; peixe, aceite, pastelería, froitas e hortalizas, cárnicos, lácteos; e todas elas fomentan o uso de practicas hixiénicas e fomentan a prevención e o control do risco alimentario.
A forma de levar a cabo este control no sector alimentario é a través do Sistema de Autocontrol APPCC (HACCP), recoñecido internacionalmente e incorporado ás diferentes lexislacións nacionais seguindo as directrices marcadas a través do Codex Alimentarius. Baseado neste sistema APPCC desenvolvéronse protocolos ou referenciais de calidade certificables como a norma ISO 22.000, o BRC Food, ou o IFS.
A inauguración da xornada terá lugar ás 10:00 da mañá e contara coa presenza e participación da Consellería de Medio Rural representada polo Director Xeral de Produción, Industrias e Calidade Alimentaria, Anton F. Oca, da Consellería de Innovación e Industria, representada polo Director Xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao e de Óscar García, Xefe de Sección Agroalimentaria de ECA CERT.
- May - 2012
- Abr - 2012
- Mar - 2012
- Feb - 2012
- Ene - 2012
- Dic - 2011
- Nov - 2011
- Oct - 2011
- Sep - 2011
- Ago - 2011
- Jul - 2011
- Jun - 2011
- May - 2011
- Abr - 2011
- Mar - 2011
- Feb - 2011
- Ene - 2011
- Nov - 2010
- Oct - 2010
- Sep - 2010
- Ago - 2010
- Jul - 2010
- Jun - 2010
- May - 2010
- Abr - 2010
- Mar - 2010
- Feb - 2010
- Ene - 2010
- Sep - 2009
- Ago - 2009
- Jul - 2009
- May - 2009
- Feb - 2009
- Ene - 2009
- Dic - 2008
- Nov - 2008
- Oct - 2008
- Sep - 2008
- Jul - 2008
- Jun - 2008
- May - 2008
- Abr - 2008
- Mar - 2008
- Feb - 2008
- Dic - 2007
- Oct - 2007
- Ago - 2007
- Jul - 2007
- Jun - 2007
- May - 2007
- Abr - 2007
- Mar - 2007
- Feb - 2007
- Ene - 2007
- Dic - 2006
- Nov - 2006
- Oct - 2006
- Sep - 2006
- Jul - 2006
- May - 2006
- Abr - 2006
