14/09/2006
O conselleiro de Innovación e Industria, o xerente de Galicia Calidade, o deportista e o presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno asinaron hoxe un contrato para o patrocinio publicitario de Gómez Noya
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2006.- O triatleta de elite Francisco Xavier Gómez Noya difundirá a marca Galicia Calidade nas competicións deportivas nas que participe. Así o establece o contrato de colaboración que asinaron hoxe o conselleiro de Innovación e Industria e presidente do Consello de Administración de Galicia Calidade, Fernando Blanco; o director xerente desta sociedade, Ignacio Louzao; o presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, Francisco Villanueva; e o deportista ferrolán, atleta con importantes vitorias en campionatos estatais e internacionais de tríatlon e dúatlon.
En virtude deste contrato, Galicia Calidade será patrocinador publicitario de Gómez Noya para a difusión do logotipo da sociedade nos campionatos nos que compita a nivel galego e estatal e sempre que participe coa Selección Galega, isto é, na Competición Federada Galega, na Competición Federada Estatal e na Competición Internacional coa Selección Galega. A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno e Francisco Xavier Gómez Noya obríganse a facer presente o devandito logo de Galicia Calidade en lonas publicitarias nos lugares onde se desenvolven habitualmente as actividades deportivas e nos equipamentos do triatleta nas diferentes competicións. Por outra banda, o contrato tamén contempla a presenza da imaxe de Gómez Noya en calquera evento que Galicia Calidade efectúe, sen que iso supoña interferencia no seu calendario de competicións.
A creación, produción e execución da publicidade correrá a cargo do deportista, ao que, en contraprestación, Galicia Calidade achegará a cantidade de 24.000 euros a través da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno. O contrato, que contempla ademais a obriga por parte da Federación de establecer como lingua de comunicación con Galicia Calidade o galego, así como a potenciar o seu uso entre o persoal da Federación, terá unha duración dun ano.
Galicia Calidade
Galicia Calidade, S.A., sociedade dependente da Consellaría de Innovación e Industria, constituíuse en 1995, e entre os seus obxectivos están a promoción de produtos e servizos galegos de calidade, para contribuír a mellorar as vendas das empresas ás que se lles concede a marca de garantía e facilitar aos consumidores a identificación destes produtos e servizos de calidade. Galicia Calidade estableceu entre as súas liñas de actuación a promoción e publicidade da marca e, entre outras, a difusión do seu novo logotipo naqueles eventos que pola expectación que suscitan rendibilicen o investimento publicitario realizado, obxectivo ao que responde o contrato asinado hoxe.
- May - 2012
- Abr - 2012
- Mar - 2012
- Feb - 2012
- Ene - 2012
- Dic - 2011
- Nov - 2011
- Oct - 2011
- Sep - 2011
- Ago - 2011
- Jul - 2011
- Jun - 2011
- May - 2011
- Abr - 2011
- Mar - 2011
- Feb - 2011
- Ene - 2011
- Nov - 2010
- Oct - 2010
- Sep - 2010
- Ago - 2010
- Jul - 2010
- Jun - 2010
- May - 2010
- Abr - 2010
- Mar - 2010
- Feb - 2010
- Ene - 2010
- Sep - 2009
- Ago - 2009
- Jul - 2009
- May - 2009
- Feb - 2009
- Ene - 2009
- Dic - 2008
- Nov - 2008
- Oct - 2008
- Sep - 2008
- Jul - 2008
- Jun - 2008
- May - 2008
- Abr - 2008
- Mar - 2008
- Feb - 2008
- Dic - 2007
- Oct - 2007
- Ago - 2007
- Jul - 2007
- Jun - 2007
- May - 2007
- Abr - 2007
- Mar - 2007
- Feb - 2007
- Ene - 2007
- Dic - 2006
- Nov - 2006
- Oct - 2006
- Sep - 2006
- Jul - 2006
- May - 2006
- Abr - 2006
