29/10/2010
O Salón Internacional da Gastronomía, Turismo e Artesanía Expogalaecia abrirá hoxe as súas portas aos visitantes no que será a edición con máis expositores das trece celebradas até o de agora. Galicia Calidade, coñecedora da importancia que ten para Galicia estes dous sectores, e do que representan para a marca de garantía, será un dos patrocinadores do evento. A Feira terá lugar entre o 29 de outubro e o 1 de novembro no recinto feiral de Vigo (IFEVI).
Un centenar de expositores nacionais e internacionais, que representan ao redor de 500 entidades públicas e privadas, reuniranse na décimo terceira edición de Expogalaecia. O Salón Internacional de Turismo, Gastronomía e Artesanía celebrarase no IFEVI entre o 29 de outubro e o 1 de novembro. Coincidirá no mesmo recinto co salón multisectorial do Moble, Decoración e Interiorismo, Vigoferia, organizados ambos pola empresa Planner & Proceltha. O evento conxunto, que ocupará 15.000 metros cadrados, congregará a máis de 250 expositores, o que representa un incremento dun 5% en canto á participación de empresas e profesionais respecto da edición anterior.
A organización desta cita feiral espera alcanzar unha cifra de negocio directo e indirecto de máis de dez millóns de euros, e estímase que visitarán o salón ao redor de 20.000 persoas. Este ano, o 36% dos expositores proceden do estranxeiro (Portugal, Perú, Cuba, Arxentina e Uruguai) e o 64% de España (Galicia, Castela-León, Estremadura, Cataluña, Cantabria, Madrid e Asturias).
A presenza portuguesa é unha das máis destacadas nesta edición. Preto de vinte expositores, entre Câmaras Municipais, empresas, asociacións e institucións, acoden este ano ao salón, o que pon en valor a importancia que ten este certame para os organismos e profesionais do país veciño. De feito, Expogalaecia é a feira española que congrega a maior número de expositores portugueses. Entre os organismos que acudirán destacan Aeroportos de Portugal (ANA), as oficinas de turismo de Coimbra e Centro de Portugal, os municipios de Albufeira, Aveiro, Tondela e Valença, e a Câmara do Comércio e Indústria das Açores, entre outros.
En Expogalaecia, ademais dos produtos gastronómicos de Asturias, Cantabria, Castela-León e Galicia, e artesanais típicos das distintas rexións españolas e portuguesas, concentrarase unha ampla oferta turística, organismos e institucións públicas, aeroportos, hoteis, apartamentos rurais, estacións de esquí, etc. Durante todo o fin de semana tamén haberá actuacións musicais en directo.
Ampla oferta turística española
Xunto aos destinos estranxeiros, o amplo abanico turístico español completará unha oferta que permitirá coñecer as últimas tendencias deste sector. As Comunidades autónomas de Asturias, Galicia, Cantabria e Castela e León, os concellos de Allariz, Vigo, Ourense, A Estrada, Burela, Camariñas e Rois, as Deputacións da Coruña e Pontevedra, a Autoridade Portuaria de Vigo, a Fundación Vigo Convention Bureau, Turgalicia, Aeroportos Españois, os Consulados de Arxentina e Uruguai en Vigo e a Oficina de Turismo de Cuba en Madrid tamén acudirán ao salón.
Ademais, estarán representadas diversas asociacións e fundacións como a Asociación Galega de Turismo Rural (AGATUR), a Asociación de Hostalaría de Vigo (AHOSVI), a Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra (FEPROHOS), a Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño, a Fundación Luso-Galaica, a Asociación de Peruanos de Galicia en Vigo e a Agrupación Empresarial de Artesáns Asturianos (AGEMAR), entre outras.
O salón Expogalaecia converteuse na primeira e maior feira de Galicia dedicada ao sector do turismo e unha das máis importantes do Noroeste peninsular. Está dirixida tanto a profesionais como ao cliente final, razón pola que ano tras ano crece o número de expositores. Isto está motivado especialmente pola cantidade de operación comerciais que se materializan no transcurso deste encontro.
- May - 2012
- Abr - 2012
- Mar - 2012
- Feb - 2012
- Ene - 2012
- Dic - 2011
- Nov - 2011
- Oct - 2011
- Sep - 2011
- Ago - 2011
- Jul - 2011
- Jun - 2011
- May - 2011
- Abr - 2011
- Mar - 2011
- Feb - 2011
- Ene - 2011
- Nov - 2010
- Oct - 2010
- Sep - 2010
- Ago - 2010
- Jul - 2010
- Jun - 2010
- May - 2010
- Abr - 2010
- Mar - 2010
- Feb - 2010
- Ene - 2010
- Sep - 2009
- Ago - 2009
- Jul - 2009
- May - 2009
- Feb - 2009
- Ene - 2009
- Dic - 2008
- Nov - 2008
- Oct - 2008
- Sep - 2008
- Jul - 2008
- Jun - 2008
- May - 2008
- Abr - 2008
- Mar - 2008
- Feb - 2008
- Dic - 2007
- Oct - 2007
- Ago - 2007
- Jul - 2007
- Jun - 2007
- May - 2007
- Abr - 2007
- Mar - 2007
- Feb - 2007
- Ene - 2007
- Dic - 2006
- Nov - 2006
- Oct - 2006
- Sep - 2006
- Jul - 2006
- May - 2006
- Abr - 2006
