03/06/2011
Os conselleiros do Medio Rural e do Mar, xunto co xerente de Galicia Calidade, reuníronse co secretario nacional de Defensa Agropecuaria de Brasil e asistiron á sinatura dun acordo comercial para a exportación de produtos alimentarios e bebidas da nosa Comunidade ao mercado brasileiro
Os conselleiros do Medio Rural, Samuel Juárez, e do Mar, Rosa Quintana, xunto co xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila Enriquez, reuníronse co secretario nacional de Defensa Agropecuaria do Ministerio de Agricultura de Brasil, Francisco Sergio Ferreira, para impulsar a colaboración institucional e as relacións comerciais entre Galicia e este país sudamericano. Trala reunión institucional, os conselleiros asistiron á sinatura dun acordo comercial para a exportación de produtos alimentarios e bebidas da nosa Comunidade Autónoma ao mercado de Brasil.
A sinatura deste acordo entre catro empresas galegas e unha brasileira de exportación e importación permite ampliar a colaboración institucional a empresas con intereses comerciais no eido alimentario a ambos lados do Atlántico. A Xunta apoia esta iniciativa a través das consellerías de Medio Rural e do Mar. Así, a Consellería do Medio Rural prestará asesoramento sobre os trámites necesarios para a exportación de produtos no mercado de Brasil e a do Mar apoia a iniciativa das empresas privadas que se unen coa intención de potenciar a exportación de produtos a novos países, neste caso ao Estado brasileiro. A agrupación comercial conta, ademais, co respaldo de Galicia Calidade a través de accións de marketing e promoción, apoiando os produtos de cada unha das empresas participantes para a súa exportación.
Empresas con coñecementos e experiencia
As empresas galegas asinantes hoxe do acordo comercial, todas elas con coñecementos e experiencia contrastada no sector alimentario, son as seguintes: Luis Escurís Batalla, dedicada á fabricación, conservación, almacenamento, distribución, compra e venda, importación e exportación de toda clase de conservas de peixes e mariscos; Vilarvín, dedicada á elaboración e comercialización de viños e derivados, así como á explotación de viñedos; Bodegas Ruchel, tamén do sector vitivinícola e Actemsa, dedicada ao comercio ao por maior de peixes e mariscos e outros produtos alimenticios, así como á elaboración e comercialización de lombos de atún. Luís Escurís, Vilarvín e Ruchel son empresas que contan na actualidade con produtos amparados por Galicia Calidade.
Pola parte brasileira, a empresa Gmg Importaçao e Exportaçao, comprométese a colaborar en todo o necesario para promocionar, introducir e ofrecer os produtos das empresas galegas no territorio daquel país. Contactará con clientes e distribuidores en Brasil, para impulsar as vendas neste mercado, para que ditas empresas introduzan os seus produtos de calidade. Ademais, realizará os trámites necesarios para preparar a documentación esixida polas autoridades brasileiras para a importación e axudará na loxística e o transporte dos seus produtos no territorio daquel país.
Expansión internacional
No acordo defínense os termos e condicións de colaboración entre as partes para obter maiores recursos financeiros e humanos; ampliar a gama de produtos, para poder abordar con éxito este novo mercado; acadar maior poder de negociación; ter un maior aproveitamento da rede de distribución, reducir custes e acelerar a expansión internacional dos seus produtos.
- May - 2012
- Abr - 2012
- Mar - 2012
- Feb - 2012
- Ene - 2012
- Dic - 2011
- Nov - 2011
- Oct - 2011
- Sep - 2011
- Ago - 2011
- Jul - 2011
- Jun - 2011
- May - 2011
- Abr - 2011
- Mar - 2011
- Feb - 2011
- Ene - 2011
- Nov - 2010
- Oct - 2010
- Sep - 2010
- Ago - 2010
- Jul - 2010
- Jun - 2010
- May - 2010
- Abr - 2010
- Mar - 2010
- Feb - 2010
- Ene - 2010
- Sep - 2009
- Ago - 2009
- Jul - 2009
- May - 2009
- Feb - 2009
- Ene - 2009
- Dic - 2008
- Nov - 2008
- Oct - 2008
- Sep - 2008
- Jul - 2008
- Jun - 2008
- May - 2008
- Abr - 2008
- Mar - 2008
- Feb - 2008
- Dic - 2007
- Oct - 2007
- Ago - 2007
- Jul - 2007
- Jun - 2007
- May - 2007
- Abr - 2007
- Mar - 2007
- Feb - 2007
- Ene - 2007
- Dic - 2006
- Nov - 2006
- Oct - 2006
- Sep - 2006
- Jul - 2006
- May - 2006
- Abr - 2006
