01/12/2011
Os consumidores que merquen produtos co distintivo recibirán un agasallo promocional e entrarán nun sorteo de 4 fines de semana no Hotel Louxo La Toja
A Consellería de Economía e Industria continúa coa labor de promoción da marca de garantía Galicia Calidade. Así, durante este mes de decembro a sociedade pública levará a cabo unha labor de explicación aos consumidores do que aporta o distintivo a un producto así como tamén das marcas que contan co mesmo. Esta iniciativa terá lugar nos establecementos pertencentes ás cadeas de distribución de El Corte Inglés, Gadis, Vegalsa-Eroski, Froiz, Alcampo, Carrefour e do Grupo Moldes.
Galicia Calidade entregará un agasallo promocional a todos os consumidores que merquen polo menos tres produtos amparados polo selo de garantía e entrarán, ademais, nun sorteo de 4 fines de semana no Hotel Louxo La Toja, establecemento que conta coa marca de garantía pública e que se caracteriza pola calidade e unha atención ao público excelente. Antes da entrada aos establecementos, persoal de Galicia Calidade informará de modo personalizado ao consumidor sobre a marca de garantía, entregándolle un folleto informativo, e orientando aos mesmos a buscar o distintivo de calidade nos produtos que se dispoña a mercar.
40.000 contactos directos
Con esta iniciativa, a Consellería de Economía e Industria persegue potenciar a relevancia da marca e achegala un pouco máis ao consumidor galego, explicando e fomentando a proba nun momento de elevado consumo como é o Nadal. A distribución das accións de promoción levarase a cabo nun total de 164 establecemento repartidos por todo Galicia e facendo especial fincapé nas cidades e vilas máis importantes. O obxectivo será o contacto directo con 40.000 persoas durante o desenvolvemento da acción.
Por outro lado, Galicia Calidade tamén quere fomentar o apoio ás empresas que contan con produtos amparados mellorando o valor diferencial que supón o contar co mesmo. Ademais, todos os productos que contan coa marca de garantía aparecerán destacados nos lineais dos supermercados, mellorando a súa visibilización para que o consumidor poda coñecer de primeira man que contan co certificado.
Galicia Calidade suma esta iniciativa de promoción a outra levada a cabo nos meses de verán nas zonas turísticas e que posibilitou o contacto con máis de 30.000 persoas, que coñeceron de primeira man o que significa que un produto conte co distintivo de calidade. Agora coa acción que se vai a desenvolver durante o mes de decembro continúa coa súa labor de promoción da marca e tamén das empresas asociadas.
- May - 2012
- Abr - 2012
- Mar - 2012
- Feb - 2012
- Ene - 2012
- Dic - 2011
- Nov - 2011
- Oct - 2011
- Sep - 2011
- Ago - 2011
- Jul - 2011
- Jun - 2011
- May - 2011
- Abr - 2011
- Mar - 2011
- Feb - 2011
- Ene - 2011
- Nov - 2010
- Oct - 2010
- Sep - 2010
- Ago - 2010
- Jul - 2010
- Jun - 2010
- May - 2010
- Abr - 2010
- Mar - 2010
- Feb - 2010
- Ene - 2010
- Sep - 2009
- Ago - 2009
- Jul - 2009
- May - 2009
- Feb - 2009
- Ene - 2009
- Dic - 2008
- Nov - 2008
- Oct - 2008
- Sep - 2008
- Jul - 2008
- Jun - 2008
- May - 2008
- Abr - 2008
- Mar - 2008
- Feb - 2008
- Dic - 2007
- Oct - 2007
- Ago - 2007
- Jul - 2007
- Jun - 2007
- May - 2007
- Abr - 2007
- Mar - 2007
- Feb - 2007
- Ene - 2007
- Dic - 2006
- Nov - 2006
- Oct - 2006
- Sep - 2006
- Jul - 2006
- May - 2006
- Abr - 2006
