18/05/2012
O domingo 20 de maio os asistentes poderán degustar unha seleción de petiscos elaborados con produtos amparados pola marca de garantía.
A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, patrocina a 30ª edición do Festiletras, certame promovido pola Fundación Eduardo Pondal na aldea do Couto, no concello coruñés de Ponteceso. En concreto, o domingo terá lugar unha degustación de produtos amparados polo selo de garantía de Galicia.
O certame, que se ten convertido nun referente cultural en toda a provincia, desenvolvese entre os días 16 e 20 de maio. Durante eses cinco días ten programados máis de 30 actos de todo tipo, con actuacións musicais e teatrais, maxia, contacontos, obradoiros e recitais poéticos, entre outros. O domingo terá lugar a apertura da Feira de Artesanía e a Feira do Libro Galego.
Degustación dos produtos Galicia Calidade
O domingo día 20 os asistentes ao Festiletras poderán, ademáis, degustar unha selección de produtos Galicia Calidade en forma de petiscos. En concreto serviranse:
Espuma de Patatas Conde con chicharróns e chourizo fritido Torre de Núñez, preparada con leite President e tona Feiraco.
Pequenos bocadiños de lacón Torre de Núñez e queixo Castillo de Pambre, con pan Ingapán.
Tortilla Coren á Carbonara con entrefrebado Torre de Núñez e tona Feiraco, rechea de atún Rianxeira e tomate.
Salpicón de polbo Gallego Pereira e conservas en escabeche Escurís e Luis Escurís Batalla.
Empanadas Kentes.
Todo isto acompañado de Pan de Ingapán e augas Cabreiroá e Mondariz, así como viños das de empresas asociadas a Galicia Calidade.
Poden consultar o programa completo de actividades en www.festiletras.com.
- May - 2013
- Abr - 2013
- Mar - 2013
- Feb - 2013
- Ene - 2013
- Nov - 2012
- Sep - 2012
- Ago - 2012
- Jul - 2012
- Jun - 2012
- May - 2012
- Abr - 2012
- Mar - 2012
- Feb - 2012
- Ene - 2012
- Dic - 2011
- Nov - 2011
- Oct - 2011
- Sep - 2011
- Ago - 2011
- Jul - 2011
- Jun - 2011
- May - 2011
- Abr - 2011
- Mar - 2011
- Feb - 2011
- Ene - 2011
- Nov - 2010
- Oct - 2010
- Sep - 2010
- Ago - 2010
- Jul - 2010
- Jun - 2010
- May - 2010
- Abr - 2010
- Mar - 2010
- Feb - 2010
- Ene - 2010
- Sep - 2009
- Ago - 2009
- Jul - 2009
- May - 2009
- Feb - 2009
- Ene - 2009
- Dic - 2008
- Nov - 2008
- Oct - 2008
- Sep - 2008
- Jul - 2008
- Jun - 2008
- May - 2008
- Abr - 2008
- Mar - 2008
- Feb - 2008
- Dic - 2007
- Oct - 2007
- Ago - 2007
- Jul - 2007
- Jun - 2007
- May - 2007
- Abr - 2007
- Mar - 2007
- Feb - 2007
- Ene - 2007
- Dic - 2006
- Nov - 2006
- Oct - 2006
- Sep - 2006
- Jul - 2006
- May - 2006
- Abr - 2006
- - 0
