04/02/2010
Galicia Calidade sabe da importancia que ten o sector agroalimentario nos seus produtos adheridos, que representan máis do 90 por cento. Dentro da súa actividade como a abandeirada da calidade galega a marca de garantía estará presente no evento gastronómico máis importante do ano, o Fórum Gastronómico de Santiago, que terá lugar na capital galega entre o 20 e o 24 de febreiro.
Ademais de aportar un patrocinio institucional ao evento, Galicia Calidade tamén contará cunha exposición sobre a historia da cociña tradicional galega, Ao pé do lar, que estará presente no Museo do Pobo Galego dende o 5 de febreiro e até o 7 de marzo. Toda a información sobre a mesma pódese consultar na páxina web www.aopedolar.com.
Catro días de intensa actividade
Fórum Gastronómico conta con varias áreas de actividades. Por un lado está o Congreso, auténtico motor do Fórum, caracterízase polo rigor dos seus contidos e a coidadosa selección dos relatores que participan en función da súa especialización e, no caso do Fórum de Santiago, pola súa orixe maioritariamente atlántica.
Tamén está o denominado “Fórum Cidade” que terá lugar a fin de semana e estará aberto a todas as persoas interesadas. O sábado o Fórum trasládase á cidade, onde se realizarán numerosas actividades, por exemplo: o segundo Concurso de pulpeiras (en 2008 celebrouse a primeira edición cun éxito sen precedentes), catas en espazos emblemáticos, exposición e degustación de pratos da cociña galega en diferentes puntos de Santiago, un tour gastronómico, actividades para nenos e nenas, accións no Mercado de Abastos... e moitas máis.
O domingo o Fórum seguirá no Recinto Feiral de Santiago (Amio) con obradoiros, relatorios, catas... de recoñecidos cociñeiros e expertos, ademais do xa esperado Fórum Nenos, para que os máis pequenos aprendan dun xeito divertido a querer a cociña e os produtos da súa terra e doutros lugares da xeografía. No Espazo Nenos poderán iniciarse na cociña de xeito activo e divertido, con obradoiros de gran nivel pedagóxico
O Fórum Gastronómico tamén contará cun espazo adicado á Feira, unha peza fundamental, escaparate de todos os sectores de produtos gastronómicos (pesca, agricultura, servizos, turismo), motor de actividade, centro de negocios, espazo expositivo, mercado de produtos e proxectos. O Fórum ofrece unha plataforma comercial de alta efectividade.
Tras o éxito obtido en 2008, con máis de 150 firmas e 15.000 visitantes, o crecemento natural e a consolidación do Fórum propiciaron o traslado do Palacio de Congresos ao Recinto Feiral de Santiago, en Amio. Con iso ofrecemos mellor accesibilidade e comodidade tanto para visitantes como para expositores, xa que conta cun amplo espazo de aparcadoiro e está situado preto dos principais accesos á cidade.
- May - 2012
- Abr - 2012
- Mar - 2012
- Feb - 2012
- Ene - 2012
- Dic - 2011
- Nov - 2011
- Oct - 2011
- Sep - 2011
- Ago - 2011
- Jul - 2011
- Jun - 2011
- May - 2011
- Abr - 2011
- Mar - 2011
- Feb - 2011
- Ene - 2011
- Nov - 2010
- Oct - 2010
- Sep - 2010
- Ago - 2010
- Jul - 2010
- Jun - 2010
- May - 2010
- Abr - 2010
- Mar - 2010
- Feb - 2010
- Ene - 2010
- Sep - 2009
- Ago - 2009
- Jul - 2009
- May - 2009
- Feb - 2009
- Ene - 2009
- Dic - 2008
- Nov - 2008
- Oct - 2008
- Sep - 2008
- Jul - 2008
- Jun - 2008
- May - 2008
- Abr - 2008
- Mar - 2008
- Feb - 2008
- Dic - 2007
- Oct - 2007
- Ago - 2007
- Jul - 2007
- Jun - 2007
- May - 2007
- Abr - 2007
- Mar - 2007
- Feb - 2007
- Ene - 2007
- Dic - 2006
- Nov - 2006
- Oct - 2006
- Sep - 2006
- Jul - 2006
- May - 2006
- Abr - 2006
