01/02/2011
Un ano máis o recinto feiral de Expourense acolle a edición do máis importante salón de gastronomía e turismo de Galicia, Xantar. Nesta edición o evento contará unha vez máis co apoio de Galicia Calidade que será un dos patrocinadores do mesmo. Hai que reseñar que para a marca de garantía pública toda actividade relacionada co sector agroalimentario ten un destacado interese, debido a que boa parte dos productos adheridos, case un 90%, pertencen ao mesmo. Xantar cumpre este ano doce anos e terá lugar entre o dous e o seis de febreiro, cun programa cargado de actividades.
O director xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila, estivo onte presente na inauguración do evento que contou tamén coa participación do Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela.
Galicia Calidade traballa día a día para dar a coñecer a súa marca de garantía así como os produtos que ten amparados polo que calquera actividade de promoción é importante. No caso de Xantar a xustificación demóstrase nos milleiros de visitantes que acada en cada edición e na promoción lograda tanto entre os galegos como no resto de España. Na pasada edición máis de 20.000 persoas visitaron o recinto feiral ao longo dos cicnco días durante os que se serviron case 18.000 comidas e ceas.
En 8.000 metros cadrados cubertos, recréanse unha vintena de restaurantes con todo luxo de detalles e servizos. O obxectivo é dobre: exaltar as materias primas coas que preparan os seus menús e fomentar a calidade e a prestación do servizo. Cociñas e salas de comedor ofrecen unha espectacular imaxe grazas á coidada decoración e elaboración dos pratos.
Punto de encontro turístico
Ademais da promoción da gastronomía, Xantar é tamén o punto de encontro dos recursos turísticos das rexións participantes no salón. Sen saír do recinto feiral, o visitante pode coñecer os atractivos naturais, arquitectónicos, históricos e, por suposto, gastronómicos, dos distintos puntos xeográficos promovidos por organismos públicos (concellos, deputacións, padroados de turismo, etc.) que acoden a esta cita procedentes de toda España e Portugal.
Tanto para profesionais coma para público xeral organízanse actividades como conferencias, presentacións literarias, exposicións de arte, obradoiros didácticos sobre a elaboración de licores, queixos e outros productos, cursos de cata e degustacións gratuítas, entre outras moitas.
O atractivo que ten Xantar para o público xeral queda fóra de toda dúbida á vista dos resultados das enquisas realizadas: os menús acadaron un índice de satisfacción superior ó 80% e máis do 95% dos visitantes teñen intención de repetir. Ademais é unha cita para o goce do propio sector, xa que das persoas que visitaron Xantar, un 35% foron profesionais.
O principal obxectivo de Xantar é defender e promover a calidade da gastronomía e situala como un dos reclamos turísticos máis importantes. Por iso, tamén teñen o seu espazo neste salón aquelas comunidades e rexións que queiran promocionar a súa gastronomía como motivación decisiva á hora de atraer ao turista a visitalas.
Por este motivo Xantar conta cada ano coa presenza de diferentes rexións convidadas, entre as que xa participaron, varias rexións de Portugal, A Macaronesia (Canarias, Azores e Madeira), Estremadura, Asturias, Cantabria, e Andalucía.
- May - 2012
- Abr - 2012
- Mar - 2012
- Feb - 2012
- Ene - 2012
- Dic - 2011
- Nov - 2011
- Oct - 2011
- Sep - 2011
- Ago - 2011
- Jul - 2011
- Jun - 2011
- May - 2011
- Abr - 2011
- Mar - 2011
- Feb - 2011
- Ene - 2011
- Nov - 2010
- Oct - 2010
- Sep - 2010
- Ago - 2010
- Jul - 2010
- Jun - 2010
- May - 2010
- Abr - 2010
- Mar - 2010
- Feb - 2010
- Ene - 2010
- Sep - 2009
- Ago - 2009
- Jul - 2009
- May - 2009
- Feb - 2009
- Ene - 2009
- Dic - 2008
- Nov - 2008
- Oct - 2008
- Sep - 2008
- Jul - 2008
- Jun - 2008
- May - 2008
- Abr - 2008
- Mar - 2008
- Feb - 2008
- Dic - 2007
- Oct - 2007
- Ago - 2007
- Jul - 2007
- Jun - 2007
- May - 2007
- Abr - 2007
- Mar - 2007
- Feb - 2007
- Ene - 2007
- Dic - 2006
- Nov - 2006
- Oct - 2006
- Sep - 2006
- Jul - 2006
- May - 2006
- Abr - 2006
